Saturday 18 de May de 2024

Touro arranxa a praza do Concello, que da acceso ao edificio que acolle a sede consistorial


O arranxo das beirarrúas no centro de Fonte Díaz, capital do Concello de Touro, continúa estes días. As obras de mellora afectan ás beirarrúas próximas á sede consistorial e tamén á Praza do Concello, que da acceso ao edificio que acolle o consistorio. O Concello de Touro tamén rexistrou melloras na edificación que o alberga sobre todo no aillamento das humidades. A entrada exterior de acceso á sede consistorial mellorou coa dotación no solo de placas de granito. Todas estas actuacións están enmarcadas nas obras de reposición de beirarrúas na rúa Bispo Diéguez Reboredo e na Rúa Isabel II e reparación da Praza do Concello. O orzamento destas actuacións supera os 53.000 euros e está apoiado pola Deputación da Coruña a través do programa de Cooperación Provincial. A obra, que estará finalizada nos próximos días, está sendo executada por Obras e Viales de Galicia.